Servizos que temos na escola
- Comedor
- Transporte
- Inglés
- Baile galego
O noso obxectivo principal é contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nosos alumnos nunha contorna no que os nenos sentan queridos e respectados.
Para logralo establecemos un trato próximo coas familias, ás que consideramos como unha parte importante desta aprendizaxe.
Traballamos en conxunto para que os pais e nais participen nas diversas actividades que desenvolvemos ao longo do curso.
Descobre máis sobre as nosas excursións
Excursións
Dentro dos contidos da aula e os seus propios obxectivos realizamos excursións que nos achegan un gran de realidade ao que realizamos cada día, ademais ensínannos a valorar e comportarnos de maneira global fose do centro.
A continuación, algúns lugares onde imos de excursión:
- La madriguera de Pichi
- Corax Fauna
- Fundación Barrié
- Aquiarium Finisterrae
- Casa de las ciencias
- Encoro de Beche
- Playa do Regueiro
Todas as excursións organízanse cos profesionais do centro e con previa autorización dos pais.
Horario
Contamos cun horario amplo e flexible para facilitar a conciliación laboral e familiar adaptándonos ás necesidades de cada neno.
O centro prestará os seus servizos en horario de 8:00 a 19:00 e cada familia escollerá o horario de acordo ás súas necesidades.
Talleres e proxectos
Realizamos diferentes talleres e proxectos como o taller de cociña, de ciencias, das estacións, de música, de arte, das profesións, de cinema, de papel reciclado… entre outros, segundo os obxectivos que queiramos alcanzar.
Expresión musical
A música é moi importante para o desenvolvemento integral do neno. Traballámola a través dos instrumentos musicais, audicións, músicos, o baile, xogos e cancións…
Expresión plástica
Cada día os nenos e nenas utilizan diferentes formas de expresión plástica nas que aprenden técnicas de modelado, utilizan pintura de dedos, pintan con acuarelas, exploran cal é a súa forma favorita de expresarse e potenciámola para estimular a súa creatividade, imaxinación e comunicación.